Centro educativo multidisciplinar cunha oferta única adaptada e individualizada

Ofrecemos unha atención vivencial e experimental, a todas as nenas/os que quedan sen recursos materias e/ou persoais nos centros educativos ordinarios.

MISIÓN

Favorecer a nenas/os en idade de escolarización e con diversidade para que non se queden fóra dunha atención adaptada ás súas necesidades.

VISIÓN

Crear unha comunidade de referencia en Galicia que funcione como un ecosistema autosuficiente no que todas as persoas poidan desenvolver unha vida digna. 

OBXECTIVOS

Ofertar unha educación adaptada, individualizada, vivencial e experimental, a todas as nenas e nenos que unha vez que rematan a primaria, quedan sen recursos (tanto materias como persoais) nos centros educativos ordinarios. Isto tradúcese en actividades que sexan de soporte para acadar a maior autonomía para a súa vida, acadar habilidades para a vida diaria, tanto persoal, no fogar, social e de goce e disfrute do seu tempo libre, como proporcionar todo o apoio necesario para o maior fortalecemento das súas capacidades.

A QUEN VAI DIRIXIDO O SERVIZO

Vai dirixido a todas aquelas nenas e nenos que vexan deficitaria, chegando a certa idade, a calidade dunha educación que precisan que se adapte de maneira individualizada á idiosincrasia de cada un/unha. A todas esas familias que teñen no seu seo unha persoa con diversidade e que buscan para ela unha calidade de vida digna, con posibilidades de asesoramento, de formación, de acompañamento, de oportunidades de ocio e lecer para a súas vidas, e sobre todo, a todas as persoas que precisen unha rede de apoio para poder dar as mellores respostas e cubrir da mellor maneira posible as necesidades que as súas fillas e fillos teñan.

Son moitas as familias no territorio que nos ocupa, que veñen de perder o seu lugar de referencia, que veñen de ver truncado ese inicio que parte desa primeira base da etapa educativa, para
dar continuidade á súa vida adulta. E son moitas as familias que veñen detrás de estas, e o noso empeño
é poder abrirlles un camiño que veñen de pecharlles.

Cada día é unha oportunidade para aprender algo novo e crecer como individuo.

Celebramos a diversidade e fomentamos a igualdade de oportunidades para todos. Benvidos a un lugar onde cada estudante é único e valorado. Descubre cómo a nosa comunidade educativa promove a inclusión e o aprendizaxe para todos.

CONTACTO

Estamos aqui para ti.

Volver arriba